Teléfono: 988 47 01 04
Fundación Hospital Asilo Nosa Señora Dos Anxos
Email: tsocial@dosanxos.org
logo

Coñécenos

A residencia Nosa Señora dos Anxos está ubicada na comarca do Ribeiro, conta cunha capacidade de 59 prazas residenciais, todas elas orientadas á atención de persoas maiores con plena autonomía, distribuídas en habitacións individuais, dobres e tripres, cos servizos e atención que precisen.

A orixe da Fundación remóntase o século XVI, dende os seus inicios tivo un marcado carácter benéfico e contou sempre coa presenza de representantes municipais e eclesiásticos no padroado.

Dende o ano 1938 ata o 30 de novembro de 2009, o centro estivo rexido polas RR. HH. Franciscanas Misioneiras da Nai do Divino Pastor.

O Centro integra todos os servizos e persoal necesarios para ofrecer unha atención con garantía e calidade:

  1. Servizos de aloxamento e manutención, dietas especializadas, servizo de limpeza e lavandería
  2. Atención de enfermería permanente, fisoterapia/ rehabilitación, atención social, podoloxía
  3. Salas de televisión e lectura
  4. Capela con servicio relixioso diario

A Fundación ten como fin estatutario a promoción e prestación de todo tipo de servizos de carácter social e socio-sanitario, e en particular o mantemento dunha residencia de anciáns.

Galería imaxes