O padroado estará composto por un mínimo de 3 membros, todos eles serán elixidos por razón do seu cargo, distribuíndose do seguinte xeito:
a) Dous membros natos:
· O alcalde de Ribadavia que exercerá o cargo de presidente do padroado.
· O Cura Párroco de Ribadavia que ademais de vocal do padroado exercerá o cargo de tesoureiro da Fundación.
b) Un membro de cada unha das agrupacións municipais con representación no concello de Ribadavia.
Ó número máximo de membros irá en función do número de grupos políticos con representación no concello de Ribadavia mais os dous membros natos (Alcalde e Cura Párroco).