O centro atópase nun conxunto monumental declarado Ben de Interese Cultural. Trátase dun edificio do século XVII no que destaca pola súa beleza a fachada principal en forma de ele, con arcos na planta baixa a modo de claustro e amplos ventanais na planta alta.
A residencia conta actualmente con 59 prazas para válidos, polas características estructurais do edificio, non podemos ofrecer os nosos residentes ningún tipo de axuda para cubrir o custo da praza como poden ser prazas concertadas pola Xunta de Galicia ou Cheque asistencial para axuda en Residencia. Tampouco podemos optar as axudas de dependencia.