Teléfono: 988 47 01 04
Fundación Hospital Asilo Nosa Señora Dos Anxos
Email: tsocial@dosanxos.org
logo

Servizos

Os servizos que oferta a nosa residencia son os seguintes:

  1. O aloxamento:

    Comprende o uso dunha habitación que pode ser individual ou compartida, o uso das zonas de convivencia, a manutención con menús supervisados por dietista, a roupa da cama (opcional), aseo persoal (opcional), o lavado, repasado e planchado de roupa persoal e en xeral calquera coidado que poida requirir a persoa.

  2. Atención de enfermería:

    Comprende as actuacións propias da medicina preventiva e asistencial. Inclúe a administración da medicación que necesite cada usuario e xestiona as consultas médicas tanto cos médicos de familia como cos especialistas.

  3. Atención psicosocial:

    Inclue entre as súas actividades a valoración individualizada dos residentes para cubrir as necesidades sociais, psicolóxicas e de ocio de cada residente e a súa familia.


    Traballo Social: comprende as seguintes funcións entre outras


    - Apoio e oreintación na fase de adaptación ó centro.

    - Orienación, información e asesoramento social.

    - Intervención social.

    - Atención directa a residentes e familiares.

    - Programa de voluntariado.


    Animación sociocultural:


    - Actividades Educativas: lectura de prensa, musicoterapia,...

    - Actividades culturales: excursiones, visitas culturales,...

    - Actividades de ocio e tempo libre: xogos de mesa,...

A parte dos servizos básicos asistenciais, o centro ofrece a todos os seus usuarios outros servizos complementarios de vital importancia para garantir a calidade da asistencia prestada:

  1. Terapia ocupacional:

    Este servizo é prestado por unha profesional contratada pola Fundación por 15 horas á semana.

    As actividades deste servizo inclúe talleres de estimulación cognitiva, de memoria, xerontoximnasia, actividades de animación, bailes, xogos de mesa, club de lectura, prensa, excursións,...

  2. Asistencia relixiosa:

    Tres días á semana un dos párrocos de Ribadavia acude ó centro para oficiar misa que se leva a cabo na capela situada no mesmo centro.

    Na misa de Noite Boa e dende fai varios anos, os residentes fan unha representación do belén con ofrendas ó neno, que xenera unha grande expectación entre os familiares e os veciños da zona.

    Os párrocos tamén están dispoñibles para calquera outra asistencia relixiosa que precisen os residentes como é a visita e comunión aos enfermos, confesión...

Outros servizos do centro:

  1. Perruquería:

    A residencia ofrece o servizo de perruquería nas instalacións do centro ós residentes. Este servizo lévase a cabo como mínimo unha vez o mes.

  2. Silla adaptada:

    Disponibilidad de silla electrica adaptada a personas semiautónomas, para desprazamentos polo exterior do centro (xestións personais, ocio...)